Saturday 18 de May de 2024

O Concello de Carballo licita os servizos funerarios e o man-temento do cemiterio municipal por un período de catro anos


A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o expediente de contratación dos traballos de conservación, mantemento e servizos funerarios do cemiterio municipal, cun orzamento de licitación de 197.800,67 euros para un período de catro anos.

Ademais da licitación do contrato de mantemento, en breve comezarán tamén as obras do revestimento dos panteóns construídos na recente ampliación, que veñen de ser adxudicadas á empresa Sonense de Granitos por 297.930,63 euros. O obxectivo do goberno municipal é poñer a disposición da veciñanza os novos nichos á maior brevi-dade e iniciar de seguido a segunda fase do proxecto de ampliación, dada a gran de-manda existente.

Na Xunta de Goberno Local tamén foi aprobada unha revisión de prezos, por importe de 47.755,29 euros, do contrato de reparación de vías secundarias nas parroquias de Le-ma, Carballo, Razo, Oza, Bértoa, Rus, Artes, Verdillo e Ardaña, e tamén saíu adiante a prórroga por un ano, desde o 1 de setembro do 2023 ata o 1 de setembro do 2024, do contrato correspondente á prestación do programa Concilia.

Así mesmo, o goberno municipal aprobou a devolución de avais, facturas e varias licen-zas urbanísticas, entre elas tres para a construción de vivendas unifamiliares nas parro-quias de Razo, Bértoa e Goiáns e outra para unha nave destinada a almacén de ferra-xería no polígono industrial de Bértoa.